A nosa investigación sobre piratas vai vento en popa a toda vela!!! Despois de mandar a notiña pedindo axuda ás familias a aula encheuse de información, contos, disfraces, tesouros piratas...por ter, ata temos loro!!!
Veredes na seguinte presentación todo o que os peques trouxeron á aula. Aínda que estamos iniciándonos cos proxectos e ao principio dáballes medo non levar á casa as súas pertenzas, comprenderon perfectamente que se compartimos cos outros tod@s gañamos. Por iso, con este novo espírito de proxecto comezamos a traer para aprender cos e dos demais.
Para diferenciar este recuncho dos outros creamos un precioso mar no que descansan todas as súas cousas...e pouco a pouco ímonos convertendo en piratas.
Hai varias propostas no aire: FACER GALLETAS DE PIRATAS ( ANTÓN), CONSTRUIR UN BARCO PIRATA (NAIARA),...estamos encantad@s con todas elas,...veremos as que podemos realizar. De momento sabemos o que comían, bebían, que lles sucedía nas pelexas, como era a súa vestimenta e os seus barcos,...
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!!!!
SEGUIDE PARTICIPANDO, ENCÁNTANOS APRENDER!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!