Grazas á información que achegáchedes sabemos un montón sobre os vermes de seda. Así comezou a nosa andadura, así participaron os nen@s e as familias,....así gozamos das nosas novas mascotas na aula
Estes son algúns dos enlaces que nos mandáchedes... grazas a eles soupemos que teñen 5 corazóns e nós só temos un ...por qué será???? Temos varias hipóteses .... pasará o mesmo co resto dos órganos????
Como ademais xurdiu na aula o interese polos idiomas os nenos/as decidiron pedirlle ás familias que viñeran a contarnos o conto da Eiruga larpeira (que xa coñecemos en castelán, galego e inglés) en: ITALIANO, FRANCÉS, RUMANO, RUSO,.... e AS FAMILIAS non dubidaron en COLABORAR NESTA PROPOSTA ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!