Despois de moitos intentos infructuosos por contactar vía twiter cun experto astronauta, como Aldrin ou Pedro Duque, decidimos mandarlle a este último unha carta que escribiu Mateo de parte de toda a clase á ESA ( AXENCIA EUROPEA DO ESPAZO).
Estamos moooooooi content@s porque ....desta vez si obtivemos resposta!!!! Aquí a tendes:
O noso proxecto está chegando ao su fin, por iso estamos dando pequenas pinceladas ao que pensamos que nos quedara sen rematar:
- Decidiron poñerlle lume ao foguete para que se achegara máis á realidade, sendo conscientes de que da forma que o pintabamos parecía que ardía o foguete... como di Álvaro: "profe es que el fuego va para atrás"
Inventamos constelacións e contamos as estrelas que tiñan:
Fixemos a portada do noso dossier de investigación, converténdonos de novo en astronautas:
E esta semana quédannos dúas tarefas moooooi importantes coas que diremos ATA A PRÓXIMA á investigación sobre a lúa e o Sistema Solar porque....XA ESTAMOS EMBARCADOS NUN NOVO PROXECTO: OS VERMES DE SEDA... que desde hai dúas semanas temos de mascotas.
Que gusto que dá ver onde conseguistes chegar! Parabéns dos cativ@s de 5º de EP do "cole"!
ResponderEliminar