luns, 10 de marzo de 2014

Caracoles 6 está listo para despegar


Por fin rematamos o noso foguete ao que chamamos (despois dunha reñida votación) CARACOLES 6 

Conseguilo non foi nada doado. Como víchedes pedimos axuda a Marcos, que é enxeñeiro, e el non dubidou en vir as veces que foran precisas para axudarnos.

O primeiro contacto serviu para TOMAR MEDIDAS para facerlle un pico novo. Axudado dos nen@s tomou as medidas precisas para vir outro día cunha MAQUETA para facer entre tod@s unha pirámide pentagonal... e tamén para explicarnos en qué consistía o seu traballo e a indumentaria (botas de seguridade, chaleque,...)e as ferramentas (metro,...) que adoita empregar.


Pero a nosa fábrica non foi tan rápido como pensabamos e Marcos tivo que acudir unha terceira vez porque entre medir, calcular, pensar, .... quedamos co pico a medias.


PERO... ¿QUE É UN FOGUETE SEN ALETAS? Volvemos a mandarlle outra carta a Marcos para pedirlle axuda para facer as aletas e así aproveitamos para darlle o noso agasallo, que ben o merecía pola paciencia e bo humor que tivo en todo momento



aletas - foto montaje

GRAZAS MARCOS!!!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...