O día 30 de Xaneiro celebramos no cole o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA tendo como referente a NELSON MANDELA. Para coñecer un pouco a súa biografía vimos diferentes fotografías de momentos da súa vida e limos sobre a súa loita contra o apartheid. Despois pintamos un retrato del ao estilo Andy Wharhol que colgamos na entrada de Ed. Primaria xunto cos do resto das aulas
Lola tamén trouxo información sobre Mandela e nos recomendou esta canción que bailamos todos xuntos na aula:
Os globos que vos ensinamos son os que colgamos na entrada do cole con palabras asociadas á paz: "libertad, abrazos, amistad, vida, amar, respeto..."
.... pero non nos cansaremos de repetir: O DÍA DA PAZ TEN QUE SER TODOS E CADA UN DOS DÍAS QUE VIVIMOS!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!