Este venres celebramos o aniversario de Mateo, Roque e Iván. Como vedes o tema principal foi o fútbol....é que estos pequechos son uns dos grandes futboleiros dos recreos.
Tanto eles como os convidad@s tiñamos no noso pensamento a Vega, que marchou a finais do primeiro trimestre, e que tamén fixo anos estes días. Como sabiamos que ía vir visitarnos, fixemos unha coroa e o luns cando apareceu tirámoslle das orellas e cantámoslle. Contounos moitas cousas da súa nova vida e nós explicámoslle todo o que estabamos a facer.
Para a celebración as familias prepararon un biscoito recuberto de chocolate que estaba de rechupeteeeeee....
Mateo tamén recibiu os seus tiróns de orellas, pero a foto debe estar escondida entre os centos de fotos que saca a profe.... nalgún momento aparecerá.....
PARABÉNS CHICOS.....XA PODEDES DICIR QUE SODES OS MAIORES DA CLASE!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!