sábado, 7 de decembro de 2013

Obradoiro de maracas.....SALSA!!

Este mércores Andrea, a prima de Lola, organizounos un obradoiro de maracas para o que nos trouxo: arroz, lentellas, globos cortados e ganas de pasalo ben. Nós puxemos os bebibles que gardamos e limpampos despois das nosas merendas, gomets, as nosas fotos e deixámonos contaxiar por ela. Tamén tiñamos pedriñas que foramos buscar ao patio para poder comparar os sons que facían os diferentes materiais.

Primeiro presentounos este ppt co que nos axudou a entender o que son, como se tocan e como as iamos a construir. Se vos metedes nos enlaces veredes o ben que o fai o maraquero máis pequeno do mundo:



E comezamos a pasalo ben....decoramos os bebibles co nosa foto e con gomets e logo botámoslle un pouco arroz e lentellas, sen enchelas de todo porque senón non soan. Cando rematamos puxémoslle a parte ancha do globo de tapa e a goma a empregamos para apretalas.

De repente démonos conta de que olvidaramos das pedras e como non queriamos pasar sen comparar co resto dos materiais fabricamos unha terceira maraca...Así foi o proceso:





MIL GRAZAS ANDREA POR RECORDARNOS AS TRES R....



E POR FACÉRNOLO PASAR REQUETEXENIAL!!!!!!



1 comentario:

  1. Muchas gracias a vosotros chicos y chicas, ¡me lo pasé genial! Espero que los Reyes se hayan portado genial y que hayáis pasado unas vacaciones estupendas. Seguir siendo tan buenos y divertidos. Un beso enorme
    Andrea

    ResponderEliminar

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...