domingo, 29 de decembro de 2013

O NADAL NA NOSA AULA É PARTICULAR

....porque todos axudan, para nós gozar......Como recordades pedimos axuda para facer unhas deliciosas nadalenas navideñas. A mamá de Sara, Susana, e a mamá de Lola, Lisa, foron as nosas cociñeiras, que xunto á nosa cociñeira do cole, Rosa, conseguiron que elaborasemos ....


Para prepararnos tivemos que informarnos, así que buscamos en Internet e vimos un tutorial de como facer as madalenas para así facernos unha idea previa do traballo. 


Despois escribimos o nome da receita, os ingredientes e o proceso de elaboración para non olvidala.





Como as nosas madalenas ían ser navideñas a profe buscou unha receita sinxela dalguén que xa as fixera e atopou o blog Chúpatelosdedosconsonia.

Sei que tod@s estabades esperando ver estas fotos.... así que ....así foi o noso obradoiro de Nadal.... Pedimos axuda a Rosa, cortamos a froita que sería parte dos adornos, preparamos os ingredientes seguindo as cantidades da receita, fixemos a masa que botamos nos moldes, conseguimos colorante verde mesturando outras cores, montamos a nata verde e a colocamos enriba da madalena coa axuda dunha manga pasteleira, colocamos os adornos e degustamos o noso traballo....compartíndoo con Rosa e as nosas "profes" de Primaria que nos falaron sobre o Universo.


E colorín, colorado, esta día de festa esta rematado


MIL GRAZAS A TODAS AS QUE COLABORÁCHEDES... SEN VÓS SERÍA IMPOSIBLE FACELO!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...