xoves, 18 de abril de 2013

Ilusionados con Miró!

En marzo celebramos os aniversarios de  Lola, Blanca e Nico acompañados das súas familias e de Miró. Parabéns a estes chic@s tan maiores que xa puideron levar para casa a súa paleta co número 5!!!!


Para coñecer mellor a este pintor as familias trouxéronnos este conto tan bonito que explicaba a súa forma de expresarse:

                           

E tendo en conta que Miró decidiu empregar só o negro e 5 cores máis (amarelo, laranxa, vermello, verde e azul) propuxéronnos crear entre tod@s un dos seus cadros pintando un anaquiño cada un. Ademais montáronnos un obradoiro de maquillaxe baseado na obra Azul II, emprestáronnos unha disfrace de paxaro parecido aos que pintaba o artista, ... CREDES QUE PODIAMOS PEDIR ALGO MÁIS???

                 

O disfrace que nos emprestou Blanca quedou no recuncho de Casiña, que foi un dos máis solicitados eses días.





Como aprenderamos moito sobre a súa forma de pintar, estas semanas adicamos o recuncho da Arte a Miró e fixemos uns cadros preciosos por parellas empregando as súas cores. De seguro que poderiamos facer unha exposición nun museo de prestixio!!!!


GRAZAS FAMILIAS!!! A VOSA ILUSIÓN FIXO POSIBLE UN DÍA INOLVIDABLE!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...