Agora que por fin a primaveira decidiuse a aparecer podemos facer moitas actividades fora da aula.
Por exemplo, fai uns días aproveitamos un bonito día de sol para facer algo de exercicio con Cris no patio. Mirade cómo o pasamos
E como agora xa estamos metidos na investigación sobre o ceo, tiñamos que darlle ó proxecto dos Países un final importante, xa que aprendemos moitas cousas.
Facía xa moito tempo que, falando un día das viaxes, pensamos nas cousas que serían necesarias: e, como non, moitos dixemos que para viaxar fai falta diñeiro. Por iso a profe propuso que, igual que os papás gañan diñeiro nos seus traballos por facelo ben, nos podiamos gañar moediñas en clase por facer ben os traballos e por bo comportamento.
E por fin o noso aforro tivo recompensa, xa que este mércores puidemos por fin facer a viaxe sorpresa.
O primeiro que fixemos foi mercarlle os billetes a Carlos: cada billete costaba 3 moedas, e cada un puido ter o seu.

Despóis tivemos que ir buscando e seguindo as pistas para saber o percorrido da viaxe, e enseguida soubemos cal era o noso destino:
A TORRE EIFFEL
Case nada máis empezar a viaxe tivemos a oportunidade de pagar por utilizar un transporte moi especial: o ascensor. Neste caso, o seu prezo era de 3 moediñas que, por sorte, todos tiñamos para poder subir nel.
Logo de subir neste "avión especial", continuamos a viaxe, e tras ir atopando as pistas polo colexio.....a última delas mandounos saír ao patio e.......alí estaba!! a Torre Eiffel no Isidro Parga Pondal!!
Cando nos achegamos vimos que estaba permitido subir, pero que a entrada costaba 4 moediñas. Tamén esta vez tivemos a sorte de que todos tiñamos aínda diñeiro suficiente. Aquí vos deixamos as fotos que fixemos subidos a Torre.
Pero ainda atopamos outra sorpresa, porque alí, nunha árbore do patio, había una chea de gominolas que puidemos mercar con dúas moediñas cada un. Tiñan forma de corazón, cousa que non nos extrañou porque a Torre Eiffel está na cidade do amor: París, en Francia.
Así que levámolas para clase e alí cada un pagou pola súa e comeuna; ademáis, invitamos á profe Belén y a profe Eugenia a una gominola cada una. Así todos tomamos un corazón!!
O proxecto dos países non puido rematr mellor!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!