luns, 15 de abril de 2013

A extinción dos dinosaurios

Agora xa temos claro que os dinosaurios existiron e non foron fantasía. Sabemos que houbo dinosaurios carnívoros, herbívores e omnívoros, sabemos que a nai natureza otorgoulles o necesario para poder alimentarse: un colo largo para os herbívoros e garras e dentes puntiagudos para os carnívoros. Tamén coñecimos algunhas especies como o Tyrannosaurus Rex, o Diplodocus, o Velociraptor,...grazas ás lecturas que fixemos e a canción " Somos dinosaurios", (se a queredes cantar connosco tede en conta que empregamos a melodía de "Somos los conguitos"):



E, aínda que ao principio nos parecía moi difícil, nos atrevemos tamén a escribir o seu nome e a debuxalos, tendo como referencia as etiquetas que creou para nós a profe:








 Algúns de nós tiñamos moi clara a razón de que desaparecesen da terra: a caída dun meteorito. O que non sabiamos era que somentes constituía unha das hipóteses da súa extinción, xunto coa dos volcáns ou a do cambio climático. E así foi como o representamos empregando o papel albal que reciclamos na aula:





 A semana pasada chegou á aula Cristina cunha rocha que afirmaba que era un meteorito,...si, si, un meteorito!!! Na aula non o teñen moi claro porque din que os meteoritos son máis grandes, que non teñen buratos,... e para solucianalo a profe encontrou O Museo virtual de meteoritos  onde limos que a maioría dos meteoritos están compostos de ferro, polo que se achegamos un imán debería de ser atraída. Como non temos imáns na aula algúns deles ofrecéronse voluntari@s a traelos e poder facer así a comprobación. Así que agora toca experimentar e descubrir que será iso que chaman... MAGNETISMO!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...