domingo, 31 de marzo de 2013

Cancións do cole

Na última semana de colexio os nen@s levaron para casa os traballos que realizaron e remataron neste segundo trimestre (e é que aínda queda moito por mostrar: caracois, animais do mundo, traballo nos recunchos, de atención educativa...). A algúns comezaron a a crecerlle as orellas o luns ...


e a outros o venres.... pero todos todiños bailaron como coell@s coa profe Belén



Estamos segur@s de que vos ensinaron con moita ilusión o seu libro de "A cebra Camila" (que elaboraron co profe Carlos) e o das "Cancións do cole", que pensamos que vos axudará a unirvos a eles cada vez que se poñen cantareir@s.


Como sabemos que é moi importante coñecer tanto a letra como a música, aquí tendes algunhas das nosas cancións. Veredes que algún vídeo non o coñecen porque non sempre os ensinamos na aula, (para que non se centren só na imaxe e porque á letra asociamos determinados xestos que a representan) e se o precisamos logo os buscamos na web.

O resto das que levades son inventadas ou nacidas nas escolas así que non aparecen en Internet... de momento... en breve sairán eles cantándoas porque.... que hai mellor que aprendelas dos vosos fill@s???





Outra das cancións estrelas é a de "Sube al tren de colores" para a que empregamos as pinturas faciales ou as cores das prendas que levamos postas. Escoitarédela pinchando aquí



A profe Iria ensinounos unha  coa que facemos un tren moooi longo cheo de amig@s que entra e sae da aula e fai camiños entre as mesas... a mamá de Pedro e o papá de Iván, os nosos axudantes cociñeiros, xa a bailaron connosco,..quen será o próxim@???



As que agora estamos a cantar e bailar fálannos de poliños, de gorilas,..., de animais, o centro do noso proxecto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...