Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz pedimos de novo a colaboración das nosas familias para que cada nen@ trouxera unha pomba decorada da casa. Coma sempre chegaron ao colexio pombas espectaculares que adormaron as nosas aulas de corazóns, de algodón, de purpurina, de fabas, de pegatinas, de papeis de cores,... pero todas cunha mensaxe moi clara: QUEREMOS A PAZ!!!!!
O día 30 xuntamos todas as pombiñas das aulas nunha pomba xigante, a ver se a nosa unión consegue que a mensaxe sexa máis forte e clara!!!
O día 30 xuntamos todas as pombiñas das aulas nunha pomba xigante, a ver se a nosa unión consegue que a mensaxe sexa máis forte e clara!!!
dia_paz - foto montaje
A profe Iria tamén fixo un obradoiro de soplo onde incharon globos de paz que recollían palabras tan bonitas como amigo, amor,... Aínda que algúns globos eran pequeniños non pensedes que non traballaron .... é o resultado de moooooito esforzo!!!!
E para rematar vos deixamos unha das cancións que cantamos ese día nas aulas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!