mércores, 13 de febreiro de 2013

A NOSA VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES




O pasado xoves 7 de febrero os nen@s de 4 anos tivemos a primeira excursión deste curso: Visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. 

Saímos caladiños para non molestar ós demáis nenos do cole e enseguidiña chegamos ó noso destino.



Jose ( guía de 4 anos A) e Nuria (guía de 4 anos B) faláronnos dalgunhas das esculturas e cadros expostos e contáronnos historias divertidas sobre eles. Nunha das salas atopamos obras dun autor que coñecemos moi ben: Luis Seoane. E noutra, vimos a Dora, a moza de Picasso, outro pintor do que nos falarán no próximo cumple as familias. Unha vez rematada a visita propuxéronnos  colorear libremente unha copia do retrato de Dora, que levamos para o cole para terminar tranquilamente no recuncho da arte porque alí pasounos tan rápido o tempo que cando nos dimos conta xa estaba o bus esperando por nós!  

Aquí vos deixamos as fotos da visita.


Museo Belas Artes - foto montaje




No autobus, á volta, pedímoslle ó conductor que nos levara a ver a Torre de Hércules. E como llo pedimos por favor, levounos!! 



E aquí un exemplo das nosas caras durante o traxecto:





Moitas grazas a Jose e a Nuria... PODEMOS GRITAR MOI FORTE QUE AS VISITAS AOS MUSEOS SON BEN DIVERTIDAS!!!!!

1 comentario:

  1. Un muchas Gracias a estas profes Eugenia y Raquel por el trabajo realizado con nuestros peques ...soys genial .

    ResponderEliminar

Aquí estamos para escoitarvos!!!!!

EXCURSIÓN A LA VISTA

YA ESTÁ TODO PREPARADO PARA MAÑANA. LOS PEQUES DE 3 LO PASARÁN GEEENIAL!!!! SABEMOS QUE LO MÁS ESPERADO ES MONTAR A CABALLO PERO... MU...