Para celebralo viñeron á aula a mamá de Álvaro e o pai e a irmán de Marina, que se chama Sara. Con eles aprendimos moitas cousas do pintor Jorge Peteiro, como que naceu en A Coruña e que tamén foi profe como Raquel. É un verdadeiro pracer traballar coa súa obra pola importancia que lle da ao seu entorno... (que tamén é o noso!!) pintando A Coruña, a Torre de Hércules, Santa Cruz ... ao mellor se nos fixamos moito algún de nós sae neles paseando!!!!
As familias propuxéronnos traballar sobre o autorretrato de Peteiro e aquí tedes o resultado. Estou segura de que Peteiro estaría moi orgullosos das nosas creacións!!!
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!