En outubro comezamos coa celebración dos aniversarios. As primeiras foron: Sara, Xulia, Valeria e Cristina.
Como a temática deste ano xira en torno aos pintores as súas familias viñeron a falarnos de Luis Seoane. Preparáronnos un powerpoint con algunhas obras importantes e fixéronnos pensar un pouquiño cuns crebacabezas que fixeron con catro delas. Unha vez resoltos colocamos as candeas de 4 anos ( fixádevos que maiores somos xa), cantamos en castelán, galego e inglés (que para iso somos un centro plurilingüe) e sopraron. Rematamos cunha merendola: un rico biscoito e uns zumes... Parabéns ás catro!!!!!
O agasallo dos compañeir@s foi unha fantástica paleta de pintor cos seus nomes escritos dentro.
Que maiores e que contentas se ven! Nótase que o pasaron ben... A Sara encantoulle o agasallo, o ten pegado no armario e fala del con moita fachenda.
ResponderEliminarSi que o pasaron ben, si!! Alégrome de que lle gustara o noso agasallo, os compañeiros fixérono con moito cariño.
ResponderEliminarGrazas pola visita e polo comentario!!!! Se temos Internet leerémolo mañá na aula.