O venres 4 de decembro foi un día normal, ata que chegou a hora de ir para a clase despois do recreo... que pasaba? Por qué non íamos á clase? Por qué facíamos a fila noutro lado... As profes non nos dicían nada... pero ainda así íamos camiñando e cando nos metemos por unha costiña... xa sabíamos a onde íamos: Á Biblioteca!!
Cando chegamos sentámonos todos e no escenario había moitas cousas, e escoitábanse voces, pero non sabíamos quenes eran...
Era a compañía de Teatro Migallas, que nos ían a contar e cantar o seu libro Pan de Millo
Pasámolo moi ben e bailamos e cantamos moito...
Entre outras, cantaron as cancións:
Gustounos moitísimo esta sorpresa!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí estamos para escoitarvos!!!!!